é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación
literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares Gallegos , de Rosalía de Castro .
O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román , Xesús Ferro Cousuelo e Francisco Hernándel del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio
para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban
que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega comptemporanea é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento . Realmente,
descoñécese a data real de publicación do libro, pero tomouse ese día pola
dedicatoria autógrafa de Rosalía á tamén poetisa Cecilia Böhl de Faber (Fernán Caballero).
Para conmemorar o primeiro día das letras publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, realizada por Fermin Bouza Brey . A festividade tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e
foi moi ben acollida non só a nivel literario senón tamén nos ambientes
populares. Dende aquela dedícaselle o día de cada ano a unha figura
significativa da literatura galega , coa única condición de que
no ano da súa conmemoración teña pasado un mínimo de dez dende a data de
falecemento da persoa homenaxeada.
Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda Galicia
lunes, 21 de mayo de 2012
martes, 15 de mayo de 2012
Negra Sombra - Rosalía de Castro
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837e finada en Padrón o 15 de xullo e 1885, é unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio , día das letras galegas celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares Gallegos.

lunes, 14 de mayo de 2012
Tradiciones Galegas
A palabra magosto, ademais doutros significados directamente relacionados, designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo.
O magosto realizábase tradicionalmente o 1ºde novembro , día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, san Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas. Tampouco adoitan faltar as sardiñas asadas.

viernes, 11 de mayo de 2012
COCIDO GALEGO - RECEITA 1
Unto (grasa, manteca, aceite),
1/2 de K. De costilla de porco salada,
un rabo e unha pezuña de porca
400 gr. de carne de jarrete de ternera,
3ósos de tuétano de cerdo,
1/2 Kg. de garabanzos,
1/2 col branca,
3 choricillos,
8 patacas medianas,
1/2 pollo,
sal e auga.
Método:
O día que debe comerse, se dispon unha olla grande que encheremos en su mitad de auga. Cando comeze ha ferver, incorporase o unto. Cando este disolta esta grasa engadir todas as carnes agás o polo e tamén os ósos cortados e limpos. Ponse a ferver todo o conxunto durante unha hora e media o dous horas ata que la carne esté tenra. Logo tendremos preparada a verdura ben lavada, as patacas peladas e limpas, o polo y os garabanzos.
Cando as patacas estén cocidas, algo que saberemos se marcamos coa punta do coitelo a súa superficie, poderemos retiralo do lume . Logo debese colar e colocar nunha bandeixa grande todo o cocido separando as carnes das verduras, patacas y garabanzos.
Co caldo podese facer unha sopa.
COCIDO GALEGO - RECEITA 2
Ingredientes:
1 repolo o manoxo de grelos-
1 trocito de unto
½ Kilo de tocino de hebra
¾ Kilo de costilla de porco
1 manojo de porco
1 orella
1 anaco de testa de porco
1 Kilo de agulla o jarrete de terneira
1/4 Kilo de habichuelas
6 chourizos
1/2 Kilo de patacas (o unha por persona)
Preparación:
Poñer en auga fría o unto e as habichuelas. Cando comeze a ferver botar as carnes do porco que leven unha hora de cocción engadir a verdura e máis tarde as patatas e o chourizo.
Co caldo, al que le engadimos un papel de azafrán, faise unha sopa de fideos o de outro tipo de pasta

martes, 8 de mayo de 2012
Danza Galega
A muiñeira é unha danza e un xénero músical tipicamente galego. Como xénero, distínguese principalmente polo seu compás
de 6/8, rápido e vivo, do cal existen algunhas variantes.Existen dous
tipos de muiñeira: A muiñeira nova, na que se acentúa a primeira
corchea das tres que compoñen o ritmo base. Como baile, a muiñeira nova
segue o esquema coreográfico tradicional no que un grupo de parellas de
homes e mulleres bailan facendo coreografías baseadas en táboas ou
rodas. Normalmente cando se fala simplemente a muiñeira é a este tipo a
que nos referimos. A muiñeira vella (tamén chamada empuñada, polo
particular xeito de tocarse na pandeireta) na que se acentúa a segunda
corchea, producindo unha sensación rítmica diferente. A muiñeira vella
pódese bailar en combinacións de un ou dous homes fronte a varias
mulleres, dependendo da tradición local. Tanto o xénero da muiñeira
vella como as danzas que a acompañan considéranse de orixe anterior que
a muiñeira nova.
O Galego
A lingua galega –o galego– pertence á familia das linguas románicas –coma o francés ou o catalán– e é o resultado da evolución do latín introducido polos romanos no noroeste da Península Ibérica. Desde o século IX, a lingua falada nesta área era tan diferente que podemos considerar a existencia de dúas linguas: o latín e o galego. O documento literario máis antigo que coñecemos actualmente é a cantiga satírica “Ora faz ost’o senhor de Navarra", escrita a fins do século XII por Joam Soares de Pavia. Este foi o período máis brillante da literatura galega. O galego chegou a ser a lingua da poesía lírica en toda a península. Fálase de poesía lírica galego-portuguesa, porque ata mediados do século XIV formaron un mesmo tronco lingüístico.
A fins do Medievo, a lingua e a literatura galegas entraron nun período de decadencia provocado fundamentalmente por un contexto sociopolítico dominado por unha clase mandataria foránea e allea aos intereses culturais e identitarios de Galicia. Malia a pervivencia da lingua no ámbito do privado e dos contextos de comunicación informal, o galego estivo ausente dos usos escritos durante un longo período de tres séculos –XVI, XVIII e XVIII– chamados Séculos Escuros.
No século XVIII houbo voces que, influenciadas polos ideais ilustrados, mostraron a súa preocupación polo subdesenvolvemento do galego e ofreceron novas achegas aos ámbitos económico, social e cultural.
Rexurdimento é o nome do noso movemento de renovación cultural, que tivo lugar ao longo do século XIX. Cantares Gallegos, a primeira obra escrita totalmente en lingua galega, publicada en 1863 por Rosalía de Castro, inaugurou o Rexurdimento pleno. A primeira gramática e dicionario galegos, esenciais para a súa estandarización, apareceron tamén no século XIX.
A consolidación do galego non tivo lugar ata o século XX. A recuperación do galego como lingua histórica, cultural e literaria confirmouse cara a finais do século XX, coa consecución do seu status de lingua oficial xunto co castelán en Galicia, a fixación dunha norma ortográfica e morfolóxica, a súa introdución no ámbito escolar, etc. É a lingua dos medios de comunicación públicos de Galicia e actualmente ten presenza cotiá nos espazos comerciais e de ocio. Así e todo, na actualidade afronta tamén dificultades, fundamentalmente no ámbito empresarial e mesmo nos contextos familiares das principais urbes galegas, nas que está a aumentar a presenza do castelán como lingua principal dos fogares.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)