martes, 8 de mayo de 2012

Danza Galega

A muiñeira é unha danza e un xénero músical tipicamente galego. Como xénero, distínguese principalmente polo seu compás de 6/8, rápido e vivo, do cal existen algunhas variantes.Existen dous tipos de muiñeira: A muiñeira nova, na que se acentúa a primeira corchea das tres que compoñen o ritmo base. Como baile, a muiñeira nova segue o esquema coreográfico tradicional no que un grupo de parellas de homes e mulleres bailan facendo coreografías baseadas en táboas ou rodas. Normalmente cando se fala simplemente a muiñeira é a este tipo a que nos referimos. A muiñeira vella (tamén chamada empuñada, polo particular xeito de tocarse na pandeireta) na que se acentúa a segunda corchea, producindo unha sensación rítmica diferente. A muiñeira vella pódese bailar en combinacións de un ou dous homes fronte a varias mulleres, dependendo da tradición local. Tanto o xénero da muiñeira vella como as danzas que a acompañan considéranse de orixe anterior que a muiñeira nova.

No hay comentarios:

Publicar un comentario