é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación
literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares Gallegos , de Rosalía de Castro .
O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román , Xesús Ferro Cousuelo e Francisco Hernándel del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio
para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban
que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega comptemporanea é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento . Realmente,
descoñécese a data real de publicación do libro, pero tomouse ese día pola
dedicatoria autógrafa de Rosalía á tamén poetisa Cecilia Böhl de Faber (Fernán Caballero).
Para conmemorar o primeiro día das letras publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, realizada por Fermin Bouza Brey . A festividade tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e
foi moi ben acollida non só a nivel literario senón tamén nos ambientes
populares. Dende aquela dedícaselle o día de cada ano a unha figura
significativa da literatura galega , coa única condición de que
no ano da súa conmemoración teña pasado un mínimo de dez dende a data de
falecemento da persoa homenaxeada.
Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario